MOBILIDADE

O transporte urbano será gratuíto este martes en Santiago para celebrar o Día sen Coche

21/09/2015 Santiago de Compostela está a celebrar a Semana Europea da Mobilidade con actividades que se prolongarán ata o próximo domingo cunha xornada lúdica ao redor da bicicleta. Mañá martes, 22 de setembro, celébrase o Día sen Coche, unha xornada á que Compostela tamén se quere unir mediante o fomento do transporte público, que será gratuíto en toda a rede para animar os composteláns a que deixen na casa o vehículo particular.

Ademais, esta tarde, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asiste a partir das 16:30 horas na biblioteca Ánxel Casal ao I Encontro pola Mobilidade, no que diferentes axentes sociais debaterán sobre aspectos relacionados coa mobilidade. Do foro, que estará aberto a toda a cidadanía, sairá un documento que será tido en conta á hora de deseñar un novo modelo de cidade.

Compartir: