DEPORTE

Recepción en Raxoi a selección absoluta de fútbol sala de Vietnam

21/09/2015 A concelleira de Deportes, Noa Morales, recibiu a selección absoluta de fútbol sala de Vietnam, á que deu a benvida a Santiago de Compostela.

A selección vietnamita leva uns días en Santiago, onde estará concentrada ata o 28 de setembro, co fin de preparar o próximo campionato asiático e intentar clasificarse para o Mundial. Durante esta estancia enfrontaranse ao Santiago Futsal e a outros equipos galegos coma Burela, Parrulo e Narón.

A Selección de Vietnam está adestrada por un ferrolán, Bruno García, e parte do corpo técnico tamén é galego.

Compartir: