ALCALDÍA

Encontro do alcalde coa Asociación de Veciños Casa Agraria (Meixonfrío)

16/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, continúa coa súa rolda de contactos coas asociacións veciñais. Desta vez reuniuse coa Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío.

Nesta xuntanza, Martiño Noriega puido coñecer de primeira man as principais demandas dos veciños deste barrio compostelán. Tamén participaron na xuntanza os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Equilibrio Territorial, Rafael Peña.

Compartir: