DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Constituída a Mesa polo Emprego, que marca coma obxectivo o deseño dun plan estratéxico para combater o desemprego na cidade

16/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiron a constitución da Mesa polo Emprego de Santiago de Compostela, que reúne aos axentes sociais e económicos implicados nesta materia, como Universidade de Santiago, sindicatos, Cámara de Comercio, Plataforma polo Emprego, Asociación Hostalería Compostela e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

Neste primeira xuntanza acordouse a creación de mesas participativas nas que os diferentes axentes poderán canalizara as súas demandas e propostas cara a elaboración dun plan estratéxico para combater o desemprego na cidade. Neste sentido, Marta Lois expresou a necesidade de "explorar vías transformadoras" para mellora a situación do mercado laboral en Santiago xa que, "máis alá das cifras macroeconómicas, moitas persoas seguen a estar en situación de desemprego". Ademais, dixo, trátase de crear "emprego de calidade", malia as competencias limitadas que a Administración local ten neste ámbito.

Un dos temas máis inmediatos abordado nesta primeira reunión foi o Foro do Emprego, que se celebrará no mes de novembro.

Compartir: