TURISMO

O aeroporto de Santiago bate récord histórico en agosto con máis de 282.000 pasaxeiros

14/09/2015 Lavacolla crece un 19,5% no mes de agosto, superando os 282.000 pasaxeiros e acadando un 62,91% da cota de mercado en Galicia. Trátase do 17º mes consecutivo de crecemento, cuns datos que se reflicten no acumulado dos primeiros oito meses de ano, cando se chegou á cifra de 1.536.189 de pasaxeiros. O aeroporto de Santiago medra catro veces máis que a media dos aeroportos estatais, que foi do 4,7%.

O tráfico das conexións internacionais chegou ata os 84.336 pasaxeiros, case un 25% de crecemento. 197.829 pasaxeiros optaron por voos nacionais, o que supón un incremento do 17,3% máis que no mesmo mes do ano anterior.

Os datos de agosto foron moi bos para a cidade, tanto no crecemento xeral do volume de pasaxeiros, como no tráfico de conexións internacionais. Moito do novo tráfico vén motivado pola instalación da base de Vueling dende o pasado mes de xuño, que trouxo consigo a apertura de novas conexión nacionais e internacionais.

Compartir: