ALCALDÍA

Recoñecemento do alcalde ao traballo de canteira e bo facer do Santiago Futsal

14/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu unha representación da directiva do Santiago Futsal, encabezada polo seu presidente, Ramón García; o vicepresidente, Javier Herrera, e o director xeral do club, Miguel Fernández.

Martiño Noriega recoñeceu o "gran traballo de canteira" do Santiago Futsal, e a representación que, como club de elite, vén realizando ao longo de moitos anos. Ademais, expresou a súa satisfacción por que o club teña saído dunha complicada situación económica.

A xuntanza serviu para que os directivos do Santiago Futsal lle explicaran de primeira man ao alcalde a situación deportiva e económica do club, así como as diversas accións en marcha e futuras do club para seguir implicando á sociedade compostelá.

Compartir: