ALCALDÍA

Proxecto Home Galicia celebrou outra edición da súa Festa da Solidariedade

12/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu na praza do Obradoiro os participantes na XXXIV Festa da Solidariedade. Chegaban tras realizar unha andaina que partiu do Monte do Gozo.

Logo da lectura dun manifesto e dunha solta de pombas, os participantes asistiron á Misa do Peregrino. Xa no Multiusos do Sar, celebrouse unha comida e diversas actividades recreativas e musicais. Os actos deste ano coincidían tamén co XXV Aniversario de Proxecto Home Galicia.

Compartir: