TRACTORADA

Agradecemento dos produtores lácteos á cidade pola súa comprensión

12/09/2015 A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo quixo agradecer á cidade de Santiago a súa comprensión coas mobilizacións desta semana. Nun acto simbólico celebrado en Porta Faxeira, expresaron esta gratitude entregándolle unha réplica dun tractor ao alcalde, Martiño Noriega.

Logo, pola tarde, os gandeiros reiteraron o seu agradecemento nun acto celebrado na avenida de Lugo, onde tamén fixeron un novo reparto de leite.

Polo que se refire á presenza de tractores na cidade, xa unicamente quedan uns poucos rodeando os edificios administrativos de San Caetano.

Compartir: