ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu os participantes no IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar

10/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi os participantes no IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar, que se celebra na cidade do 10 ao 12 de setembro. Horas antes participou en Fonseca no seu acto inaugural.

Máis de 400 profesionais en atención temperá e educación familiar de distintas partes do mundo danse cita neste Congreso. Docentes, investigadores, profesionais e estudantes participan coas súas comunicacións ou posters en torno a un amplo abano temático, que abrangue dende a discapacidade e a contorna familiar ao acoso escolar ou a tecnoloxía e a vida familiar, pasando polo impacto na unidade familiar dos síndromes minoritarios e as enfermedades raras.

Compartir: