MOCIDADE

Santiago de Compostela, punto de parada en Galicia da xira "Xuventude Necesaria"

09/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Mocidade, Noa Morales, reuníronse con representantes do Consejo de la Juventud de España.

"Xuventude Necesaria" é o título do informe que vén de publicar o Consejo de la Juventud afondando nas cifras e reflexionando sobre o potencial xuvenil de enerxía, innovación e creatividade que se está perdendo en cada Comunidade Autónoma por non considerar o papel da mocidade para o futuro. É tamén o nome que recibe a xira que a entidade está facendo por España para sensibilizar á sociedade, mostrando aos responsables das institucións a necesidade de medidas que melloren a situación da xuventude, o cal redundará en beneficio de toda a sociedade. Santiago de Compostela é o punto de parada desta xira en Galicia.

Compartir: