CONVIVENCIA

Incidencias de tráfico e do transporte urbano con motivo das mobilizacións do sector lácteo

11/09/2015 Seguen as concentracións de tractores en defensa do sector lácteo na cidade, coa novidade de que esta madrugada quedou aberta a SC-20 en dirección saída da cidade (Conxo- Pontevedra). Continúa pechada en dirección norte (Polígono do Tambre). Tamén quedou aberta Ponte do Sar.

Situación do tráfico ás 14:00 horas:

- Cortada a SC-20 (avenida de Lugo con Gonzalo Torrente Ballester), en sentido norte, cara o Polígono do Tambre.

- Aberta Ponte do Sar.

- Circulación intensa na autopista AP-9 a primeira hora da mañá en sentido norte, na saída 67, e previsiónpola tarde nos accesos de entrada á AP-9 en San Lázaro e SC-20.

- Concentración de tractores arredor dos edificios administrativos da Xunta de Galicia. Circulación lenta, por utilizarse só un carril de saída entre a praza da Paz e a praza de España e Rodríguez de Viguri.

- Tráfico intenso en Galeras e Cruceiro do Gaio en sentido entrada da cidade.

- Tráfico intenso na zona centro, dende Porta do Camiño cara a praza de Galicia.

- Corte na rotonda de Rodríguez de Viguri co Camiño Francés, impedindo o paso aos vehículos en sentido estación de autobuses.

- Tractores no entorno do Centro Comercial As Cancelas e Área Central, pero sen cortes de tráfico.

- Circulación lenta no centro da cidade (entorno praza de Galicia, rotonda do Camiño Novo e rotonda de Pontepedriña).

Situación do transporte urbano ás 14:00 horas:

- Liña C11: Percorrido normalizado.

- Liña C2: desvío por Bernardo Barreiro a Santiago de Chile. Suprimida parada avenida de Lugo (residente Barroso) e Hórreo fronte Renfe.

- Liña 7: realiza o seu percorrido habitual, coa reapertura da Ponte de Sar. Fai todas as paradas habituais.

- Liña C4: de rúa da Rosa polo centro a Fontiñas. Suprimida parada avenida de Lugo.

- Liña 7: en lugar de desviarse polo Multiusos, estase a desviar por Picaños e Santasmariñas, e non realiza ningunha das paradas da rúa Ponte de Sar.

- Liñas 6, 12, C6 e P3: dende a rotonda de Galuresa desvío por República Arxentina cara o Hórreo. Suprimidas paradas de Renfe e Parlamento.

- Estado de desvíos nas liñas: realizan os desvíos habituais destes días. Circulando sen desvíos 1, 4, 5, 8, 9, 13, 15, C5, P1, P2, P4, P6, P7 e P8.

Recomendacións
O Departamento de Convivencia segue recomendando nesta xornada evitar o uso do vehículo para circular polas zonas afectadas polas concentracións de tractores e conseguintes cortes de tráfico. O uso de vías alternativas ou dos estacionamentos disuasorios son boas opción para evitar atascos e retrasos nesta nova xornada de mobilizacións.

Compartir: