ALCALDÍA

Reunión en Raxoi co consello reitor do Mercado de Abastos de Santiago

08/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a conselleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse co consello reitor do Mercado de Abastos.

Na xuntanza abordáronse diversas cuestións que afectan á Praza de Abastos, como o futuro da nave 5 e os pregos de condicións para sacar a concurso os postos libres nesta superficie.

Compartir: