ALCALDÍA

Santiago colaborará na organización do segundo encontro "Cidades polo Ben Común"

07/09/2015 O alcalde de Santiago participou nun encontro en Barcelona cos rexedores da Cidade Condal, A Coruña, Madrid, Zaragoza, Cádiz, València, Iruña e Badalona. O diálogo artellouse en torno a tres eixos temáticos como foro a participación, a vivenda e a comunicación. Ademais plantexouse outro gran eixo más amplo no que os representantes locais partillaron as experiencias das primeiras semanas de goberno, cos éxitos e barreiras atopadas.

Os alcaldes dos municipios participantes debateron as futuras posibilidades de colaboración na mesa celebrada o sábado. Propúxose una mirada conxunta aos próximos meses, co obxectivo de identificar prioridades compartidas para compartir experiencias e solucións. Entre os asuntos a tratar, o plantexamento de que Santiago de Compostela e o resto de localidades se integren á Rede de Cidades Refuxio.

Martiño Noriega tivo o venres unha recepción no Concello de Barcelona e, posteriormente, una reunión co resto de alcaldes para formular proxectos en común que poidan levar a cabo os municipios. O sábado desenvolvéronse varias reunións de traballo sectoriais. O coordinador do Gabinete de Alcaldía, Miguel Penas, participou na mesa central de experiencias de goberno. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participou na mesa de vivenda e a concelleira de Igualdade, Marta Lois, na mesa de feminismo.

A colaboración continuará no mes de novembro, cando A Coruña organice unha nova xuntanza que contará coa participación do Concello de Santiago de Compostela. A idea é que se artelle un grupo de traballo coa participación dos distintos concellos para que se le dea continuidade a estas xuntanzas.

Compartir: