ALCALDÍA

Reunión coa Cámara de Comercio de Santiago

03/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse en Raxoi co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e co seu secretario xeral, Fernando Barros.

A xuntanza serviu para realizar un repaso a algúns dos temas de actualidade da cidade. Entre outras cuestións, o alcalde puido darlle conta aos representantes camerais da situación administrativa dalgunhas infraestruturas claves da cidade, sobre as que falou este mércores coa ministra de Fomento, Ana Pastor.

Compartir: