ACCIÓN CULTURAL

Continúa o programa "Imos de excursión 2015" cunha viaxe ás Médulas

03/09/2015 A Concellaría de Acción Cultural continúa en setembro coa programación Imos de excursión, viaxes e saídas organizadas dende os centros socioculturais para este ano 2015. O vindeiro martes, 8 de setembro, a partir das 17:00 horas, abrirase a inscrición para participar na excursión prevista para o domingo 27 de setembro ás Médulas.

A excursión terá como primeiro destino As Médulas, antiga mina romana declarada Patrimonio da Humanidade. Percorrerase cunha guía oficial que achegará aos participantes á historia e beleza deste entorno natural hoxe monumento e paisaxe cultural.

Posteriormente, o grupo trasladarase a Ponferrada, onde os participantes comerán e coñecerán a cidade, capital da comarca do Bierzo, repleta de construcións singulares: Torre do Reloxo, Convento das Nais Concepcionistas, Basílica da Encina, Hospital da Raíña.

O prezo da excursión é de 30 € e inclúe o xantar concertado en Ponferrada, guía acompañante, entrada ás Médulas con guía especializado, seguro e autocar gran turismo.

As inscricións serán presenciais e cada persoa pode reservar un máximo de dúas prazas. Non se admiten apuntamentos por teléfono.

Documentos relacionados



Compartir: