FACENDA

O vindeiro luns, 7 de setembro, último día para o pago voluntario do IBI

02/09/2015 A Concellería de Economía e Facenda lembra que o vindeiro luns, 7 de setembro, é o último para efectuar o pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que afecta a inmobles de natureza urbana, rústica e de características especiais.

O período voluntario de pagamento deste tributo abriuse o 5 de xullo e pecharase o luns 7 de setembro. O pago poderá efectuarse:

- Nas contas de recadación das entidades colaboradoras que se indican a continuación, presentando o correspondente recibo, e dentro do horario habitual de atención ó público: Abanca, Banco Pastor, BBVA, CaixaBank, Banco Sabadell Gallego e Banco Santander.

- Tamén poderá realizarse a través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servicio, e a través de INTERNET, na propia web municipal.

Transcorrido o prazo de pago voluntario, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento e devengarán o recargo de apremio, os xuros de mora e as custas que se produzan.

Compartir: