ALCALDÍA

María Rozas recolleu a medalla de ouro concedida ao Concello de Santiago polo Curso Internacional "Música en Compostela"

14/08/2015 A primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibiu a medalla de honra e o diploma de recoñecemento concedidos ao Concello de Santiago polo Curso Universitario Internacional Música en Compostela.

Despois do acto, celebrado na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, pechouse musicalmente esta LVIII edición co Curso Internacional cun concerto dos alumnos becarios. Este ano participaron 99 alumnos e alumnas de 15 países.

Compartir: