ACCIÓN CULTURAL

Paula Quintas e Marta Alonso mesturan danza, circo e humor en "Up2Down"

12/08/2015 O programa Verán na rúa, que a Concellaría de Acción Cultural pon en marcha neste mes de agosto, chega ao seu ecuador coa actuación da compañía galega trasPediante. Será este xoves, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. Se o tempo no é propicio, o espectáculo pasará ao Teatro Principal. A entrada é de balde.

Up2Down mestura danza e circo contemporáneo con notas de humor e clown. É un espectáculo dirixido especialmente a nenos e nenas maiores de catro anos.

A compañía galega trasPediante, con Paula Quintas e Marta Alonso, presenta na praza da Quintana un espectáculo que nos traslada ao singular universo de dúas personaxes femininas e á súa relación arredor dun cable de funambulismo.

Este evento forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño, promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e conta co patrocinio de Turismo de Galicia e Agadic

Direccións relacionadas



Compartir: