ACCIÓN CULTURAL

A pallasa italiana Fran Martó convídanos ao espectáculo "Rinse & Spin"

11/08/2015 A programación de Verán na rúa continua a encher de risas e de complicidade as rúas e prazas de Santiago de Compostela. Este mércores, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, con entrada de balde, a pallasa e malabarista italiana Fran Martó presenta Rinse & Spin.

Unha muller colga a súa bogada na praza dunha vila e coa súa lavadora portátil crea confusión na tranquila vida dos habitantes. Rinse & Spin é un innovador espectáculo de rúa onde a manipulación de obxectos, malabares e clown constitúen as bases para a comunicación narrativa. Fran Martó implica os espectadores para que participen no seu entretido espectáculo.

No caso de que o tempo non acompañe, o espectáculo celebrarase no Teatro Principal.

Direccións relacionadas



Compartir: