ALCALDÍA

A praza do Obradoiro acolleu unha demostración de fiado de lá

07/08/2015 A alcaldesa en funcións, María Rozas, e a concelleira Noa Morales asistiron na praza do obradoiro á presentación de "A Fía da Lá 2015, evento organizado por Cabanas Rural. Asociación de Mulleres.

Un grupo de fiandeiras de Cabanas Rural, todas ataviadas co traxe de faena e cargadas dos utensilios para o fiado da lá, fixeron unha demostración en directo do seu traballo. Os que se achegaron ata o posto habilitado no Obradoiro puideron tamén contemplar a máquina de fiar realizada especialmente para a ocasión por Do Acibreiro, inspirada no Camiño de Santiago.

Compartir: