ALCALDÍA

O Concello de Santiago súmase á repulsa contra a violencia machista

03/08/2015 Os traballadores municipais e os representantes públicos do Concello de Santiago realizaron esta mañá diante do Pazo de Raxoi unha concentración silenciosa en repulsa ao crime acontecido o pasado venres na localidade pontevedresa de Moraña.

O Concello de Santiago aproveita para reiterar o seu profundo rexeitamento ante calquera crime de violencia machista e manifesta o seu fime compromiso coa adopción de medidas preventivas fronte a esta lacra.

Compartir: