FESTAS

Kiril Djaikovski agasallou ao público da Quintana cunha intensa e festiva sesión de música electrónica e balcánica

28/07/2015 A praza da Quintana acolleu a singular fusión de música electrónica e ritmos tradicionais balcánicos do macedonio Kiril Djaikovski. Punto e seguido para unhas festas do Apóstolo que entran xa na súa recta final.

Balcan beats, drum’n’bass ou rap son algúns dos estilos que mestura Kiril Djaikovski nuns directos que sempre se converten nunha gran festa. Este concerto na Quintana non foi unha excepción.

Compartir: