ALCALDÍA

O Concello sorteará 25 convites dobres para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo de convidados a carón do Hostal

22/07/2015 Cumprindo o compromiso do Goberno local de abrir o espazo municipal e os seus actos á cidadanía, o Concello vai sortear 25 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar os Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado para convidados a carón do Hostal dos Reis Católicos.

Nesta ocasión, o formato dos Fogos, con proxeccións sobre o Pazo de Raxoi, non permite utilizar este lugar para presenciar o espectáculo, tal como viña acontecendo habitualmente, polo que a lista de convidados se tivo que reducir á metade. Remitidos os convites protocolarios obrigados polo Real Decreto de Precedencias e confirmadas as asistencias, quedaron dispoñibles 25 convites dobres (50 prazas), que agora se sortearán entre a cidadanía.

Aquelas persoas interesadas en presenciar os Fogos do Apóstolo no espazo reservado para convidados a carón do Hostal dos Reis Católicos, deben cubrir os datos do formulario habilitado aquí e remitilo antes das 12:00 horas do vindeiro venres, 24 de xullo. Deberán indicar nome, DNI, teléfono de contacto e localidade de residencia.

Entre as solicitudes recibidas, realizarase un sorteo, do que resultarán os 25 agraciados/as co convite. O Concello contactará telefonicamente con cada unha das persoas elixidas, para comunicarlle o outorgamento do convite e as instrucións de acceso ao lugar habilitado.

Direccións relacionadas



Compartir: