MOCIDADE

A Concellaría de Mocidade continúa coas actividades do seu programa Verán Activo

17/07/2015 Durante esta semana, un grupo de rapaces e rapazas de 14 a 18 anos participan en Portonovo no Surf Camp, unha das propostas de lecer e aventura organizada pola Concellaría de Mocidade dentro do seu programa Verán Activo 2015. Na semana anterior, outro grupo de rapaces participaron nun campamento en Teverga (Asturias) e, o martes 21 de xullo, celebrarase unha xornada multiaventura en Carcacía.

O Surf Camp Portonovo realízase do 12 ao 19 de xullo na Residencia Xuvenil do Colexio Abrente. Durante estes días, mozos de entre 14 e 18 anos están participando en actividades como kayak-surf, snorquel, surf, cometa, sendeirismo, xeocatching, rutas de natureza, clases de inglés, ou xogos en valor.

Pola súa parte, os participantes no Campamento de Teverga (Asutrias), puideron desfrutar durante unha semana de actividades de piragüismo, BTT, GPS, xeocatching, espeoloxía ou piscina. Ademais, realizaron saídas á Praia; obradoiros etnográficos; visitas ao Museo da Prehistoria, á senda do Oso ou a unha aula de bioloxía e xogos en valor e veladas.

Xornada multiaventura en Carcacía
Este vindeiro martes, 21 de xullo, mozos e mozas de entre 18 e 30 anos terán a oportunidade de asistir a unha xornada multiaventura en Carcacía, entre as 10:00 e as 20:00 horas. Terán actividades de aventura como rafting, tiro con arco, tirolina, mini paintball ou escalada.

Compartir: