FESTAS

Aberta a inscrición para participar no XXXVI Día do Enxalzamento do Traxe Galego

16/07/2015 O domingo 26 de xullo e dentro da programación das festas do Apóstolo, celébrase a XXXVI edición do Certame do Traxe Galego. Ata as 14:00 horas do 24 de xullo estará aberto o prazo de inscrición para participar neste evento, que premiará os mellores traxes.

O XXXVI Día do Traxe Galego arrincará ás 11:30 horas coa concentración de participantes na Alameda e co posterior desfile ata a praza do Obradoiro. Logo, a comitiva dirixirase á Catedral para participar ás 13:15 horas nunha misa, na que realizarán a súa ofrenda ao Apóstolo.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas, concentración en San Domingos de Bonaval. Os participantes, ataviados co traxe galego, desfilarán ás 19:30 horas ata a Quintana. No escenario desta praza, ás 20:00 horas, celebrarse a exhibición e concurso de traxes e a posterior entrega de premios. Tras a entrega dos galardóns anuais da Asociación do Traxe Galego, a xornada pecharase coa interpretación do Himno Galego.

Documentos relacionados



Compartir: