ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Música dedica á zarzuela o seu concerto deste xoves

16/07/2015 A Banda Municipal de Música de Santiago dedicará o concerto deste xoves 16, ás 20:00 horas na praza das Praterías, á zarzuela. A temática repetirase no concerto do domingo 19, desta vez ás 22:00 horas na praza da Quintana.

O repertorio zarzuelístico segue sendo unha das peticións do público máis fiel da Banda e por iso forma parte asidua da súa programación. A formación arranxou os maiores éxitos deste xénero engadindo unha solista ás castañolas, Margarita Guerra, dándolle a estas pezas unha forza expresiva engadida. Obras de Gerónimo Giménez, Tomás Bretón ou Ruperto Chapí, resoarán nesta proposta.

Festas do Apóstolo
A Banda Municipal terá unha importante participación no programa das Festas do Apóstolo. Así, ao citado concerto de zarzuelas do domingo 19, súmanse outras dúas actuacións: o xoves 23 de xullo, en Praterías, acompañada da Agrupación Cantigas e Agarimos, e o mércores 29, na praza de San Martiño Pinario, coa compañía Viravolta Títeres. Ambos concertos serán ás 20:00 horas.

Compartir: