PLENO
Os seis puntos da orde do día foron debatidos e votados de forma conxunta por acordo dos catro grupos municipais. Respecto á proposta que chegou ao Pleno, Noriega indicou que se admitiron tamén as últimas emendas formuladas pola oposición, relativas a cuestións coma un axuste en categorías e niveis no persoal eventual ou un reparto máis equitativo no Consello de Administración do Auditorio de Galicia.
Deste xeito, aprobáronse por unanimidade os seis puntos da orde do día: réxime de indemnizacións e dedicacións exclusiva; fixación do número, retribucións e características do persoal eventual; nomeamento de representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais de actuación municipal; fixación da presidencia das comisión informativas; designación de representantes no Consorcio e nos consellos da Capitalidade, Económico e Social e sectoriais; e composición da comisión asesora do Casco Histórico.
O Pleno aproba por unanimidade o réxime de dedicacións, persoal eventual e representación en organismos e comisións
13/07/2015 O Pleno, en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade o réxime de dedicacións exclusivas e persoal eventual, que en palabras do alcalde, Martiño Noriega, suporá ao final da lexislatura un aforro de preto de 1,5 millóns de euros. Tamén se deu o visto bo á representación nos diferentes organismos e nas comisións informativas.
Segundo explicou o alcalde, esta acordo en materia de organización entre os catro grupos municipais atense ao principio de "proporcionalidade" no labor de goberno e oposición", é "leal" aos criterios utilizados en anteriores lexislaturas e supón un "aforro significativo" para as arcas municipais, que cifrou en 1,5 millóns de euros ao final dos catro anos de lexislatura.Os seis puntos da orde do día foron debatidos e votados de forma conxunta por acordo dos catro grupos municipais. Respecto á proposta que chegou ao Pleno, Noriega indicou que se admitiron tamén as últimas emendas formuladas pola oposición, relativas a cuestións coma un axuste en categorías e niveis no persoal eventual ou un reparto máis equitativo no Consello de Administración do Auditorio de Galicia.