ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Santiago realiza unha viaxe musical de Galicia a Portugal

09/07/2015 Novo concerto da Banda Municipal de Música de Santiago. Como é habitual durante o verán, o concerto será este xoves, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.

A Banda realizará nesta ocasión unha viaxe musical de Galicia a Portugal, partindo do pasodobre Compostela, do mestre B. del Río. Pasará por melodías galegas como Fantasía sobre tres temas galegos, de Simón Couceiro, Inquedanzas, de C. Mouriño, ou Saraldara, de J. Ces, para chegar a Portugal da man de María a portuguesa, de C. Cano e A. Burgos, e rematar con Unha noite en Lisboa, de A. Reis.

Compartir: