ACCIÓN CULTURAL

O Concello e a asociación Compostela Territorio Musical abren o diálogo para buscar "espazos de convivencia"

26/06/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, reuníronse en Raxoi coa asociación Compostela Territorio Musical.

Segundo indicou Noriega ao remate da xuntanza, esta serviu para abrir unha mesa de diálogo que permita atopar o xeito de compaxinar o descanso dos veciños coa música nos locais hostaleiros. "Traballaremos para buscar a fórmula legal e un espazo de convivencia", apuntou, afirmando a vontade de que "Santiago volva a ser un territorio musical".

Fixaranse proximamente novas reunións, nas que se ampliará o número de interlocutores, na busca do maior consenso.

Compartir: