MOBILIDADE

Entran en vigor o 1 de xullo os horarios de verán no servizo de transporte urbano

25/06/2015 O vindeiro 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Este ano prodúcese un aumento de servizos respecto ao anterior verán.

Mantéñense e adáptanse as prolongacións da liña 1 á rúa de Manuel María e apóstase por unha mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía); na liña 6, nas súas expedicións a Vilamaior; e na liña P1 (Figueiras).

A partir do luns 29 de xuño estará dispoñible toda a información sobre os novos horarios na páxina web de Tussa. Ademais, editaranse folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios nos propios autobuses.

Os viaxeiros dispoñen igualmente da aplicación maisbus, así como do teléfono 901 120 054 os 365 días do ano, no horario de funcionamento do servizo. Neste teléfono poden obter información sobre horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada. O servizo conta tamén con perfís en Twitter e Facebook.

Compartir: