ACCIÓN CULTURAL

Poemas e danzas no concerto dos xoves da Banda Municipal de Música

25/06/2015 A Banda Municipal de Santiago dedica o seu concerto deste xoves á música descritiva. A actuación, titulada Poemas & Danzas celebrarase, como é habitual no Ciclo de Verán, na praza das Praterías, ás 20:00 horas.

A Banda interpretará, por una banda, música de ballets como Coppelia ou as Danzas Polovtsianas da ópera de El Príncipe Igor e, por outra, música baseada en ambientes épicos, como a histórica Granada ou a rapsodia galega Romaxe en Naseiro.

Compartir: