MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA

Os voluntarios de Protección Civil rescataron unha gaivota en San Martiño Pinario

23/06/2015 Voluntarios de Protección Civil de Santiago rescataron unha gaivota que estaba atrapada no interior da Hospedería San Martiño Pinario.

A ave foi depositada nas oficinas de Medio Ambiente en Meixonfrío e dende alí levarase ao Centro de Recuperación de Aves de Oleiros.

Noite de San Xoán
Por outra parte, está previsto que ata oito efectivos de Protección Civil colaboren nesta noite de San Xoán na boa marcha das diferentes cacharelas e sardiñadas previstas en barrios de parroquias, colaborando no dispositivo de seguridade coa Policía Local e os Bombeiros.

Compartir: