CENTROS SOCIOCULTURAIS

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos, agarda e vacantes nas Mañás de Verán e de Xogo nos centros socioculturais

19/06/2015 O Departamento de Centros Socioculturais vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos e de agarda das Mañás de verán nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta, logo da realización do sorteo público o pasado xoves 18 de xuño.

Existen cinco vacantes na actividade Mañás de xogo no Local Sociocultural da parroquia da Gracia, polo que se abre un prazo extraordinario dende o luns 22 de xuño ata cubrirse estas prazas entre todos aqueles preinsicritos no programa Mañás de verán que non obtiveran praza.

Os interesados deberán achegarse ao Rexistro Auxiliar do CSC do Ensanche, en horario de 9:00 a 14:00 horas para apuntarse, coa copia da folla de preinscrición na actividade na que participarán.

As listaxes de admitidos e vacantes poden consultarse nesta web municipal e na dos Centro Socioculturais, e tamén nos propios CSC.

A formalización da matrícula, a entrega da documentación e o pagamento realizaranse os días 23, 25 e 26 de xuño no centro onde se obtivera a praza.

Documentos relacionados



Compartir: