CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas citas co programa "Imos ao baile"

18/06/2015 Intensa fin de semana de bailes nos locais socioculturais do rural de Santiago, que que acollen este sábado 20 de xuño varias actuacións promovidas pola Concellería de Acción Cultural dentro do programa Imos ao baile 2015.

A partir das 22:00 horas, no exterior do local sociocultural de Nemenzo, tocará o grupo Saboy. Ao tempo, pero no LSC de Marrozos, amenizará a velada o dúo Alborada. Tamén á mesma hora, o grupo Platino actuará no LSC de Villestro.

O calendario de bailes seguirá o martes 23 de xuño na parroquia de Figueiras, desta co grupo Channel nunha sesión que comezará ás 23:00 horas.

Esta actividade está dirixida a público adulto e a participación é de balde.

Compartir: