CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa a I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais

18/06/2015 Este sábado 20 de xuño continúan as representacións dos clubs de teatro dos centros socioculturais na sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, no marco da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado. Nesta terceira entrega (aínda queda outra) amosarán o seu traballo catro formacións. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

O programa de actuacións comezará ás 12:30 horas coas representacións de Ir á escola non amola e Das palabras e dos soños todos somos donos a cargo duns 20 nenos e nenas dos clubs de teatro infantil e xuvenil do Centro Sociocultural de Conxo, dirixidos polo profesora de teatro Edita Álvarez Silva.

Pola tarde, a partir das 19:00 horas, Rebeca Blanco Rolea e o seu fillo Andrés, do Club de Teatro de Adultos do CSC de Santa Marta, representarán Pequenas pezas para un gran teatro. Darán así paso ao Club de Teatro de Adultos do CSC de Conxo co seu Monólogo para inventar o amor, a cargo da actriz Dulcinea López García e baixo a dirección da profesora Edita Álvarez.

A Mostra dos Clubs de Teatro continuará o sábado 27 de xuño con novas actuacións, desta vez de clubs teatrais dos CSC de Santa Marta e de Vite.

Direccións relacionadas



Compartir: