CULTURA

A Banda Municipal dedica o concerto deste xoves en Praterías á música galega

17/06/2015 A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece o seu concerto habitual dos xoves ás 20:00 horas na praza das Praterías. Nesta ocasión, a formación dedicará a actuación á música galega e ao seu instrumento por antonomasia, a gaita.

Neste concerto, a Banda estará acompañada dun gaiteiro solista de excepción, José Manuel López "Josele", considerado un dos mellores gaiteiros do panorama galego pola súa versatilidade e por levar este instrumento alén das nosas fronteiras. O programa estará composto integramente por obras de compositores galegos.

Documentos relacionados



Compartir: