CULTURA

Carmen Boza presenta o seu novo traballo dentro do ciclo Íntimo & Acústico

11/06/2015 A gaditana Carmen Boza estará este venres en Compostela para presentar o seu novo traballo, La mansión de los espejos. Será no Salón Teatro a partir das 21:00 horas e enmarcado dentro do ciclo Íntimo & Acústico. As entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 € o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Ademais, o día do concerto, dende dúas horas antes de que comece, tamén se poderán mercar no propio Salón Teatro.

Quen é Carmen Boza? Unha acabada de chegar? Si, pero non. Xa pasaron cinco anos dende que as cancións desta moza gaditana comezaron a correr por YouTube en forma de pequenas pílulas nas que apenas se albiscaban as súas mans e a súa guitarra. Dende daquela, un longo percorrido até que chegou o primeiro disco financiado mediante crowfunding.

Case mil mecenas a axudaron a financiar La mansión de los espejos, un traballo que, recentemente publicado en outubro, xa se situou entre os máis vendidos en iTunes e que agora presenta en Santiago. Todo apunta a que este será o ano da consagración de Carmen Boza, sinalada xa coma un dos nomes aos que seguir a pista os próximos meses pola prensa especializada.

Compartir: