CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades do programa "Ler, contar e gozar coas letras" cun recital poético de Fran Alonso no CSC das Fontiñas

11/06/2015 O martes 16 de xuño, ás 20:00 horas, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá unha nova actividade para a dinamización da poesía no marco da campaña Ler conta moito e do programa "Ler, contar e gozar coas letras, organizados dende a Concellaría de Cultura.

A sesión é aberta ao público a partir dos 12 anos e será conducida polo poeta, narrador, editor e xornalista Fran Alonso. Trátase dun espectáculo poético realizado a partir de textos propios e de poemas da poesía galega pertencentes a súa coñecida antoloxía Poetízate.

O recital botará man tanto do recitado tradicional, con recursos de narración oral, como das novas tecnoloxías, abordando o sentido e significado da poesía, así como a súa relación con temas como o amor, a publicidade, a linguaxe cotiá, o deporte e a tradición oral.

Será un espectáculo no que se propicie a participación do público, facendo próxima ás nosas vidas a poesía, un dos obxectivos da actividade cando foi seleccionada para o programa.

A actividade ten unha duración de 50 minutos e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Compartir: