CULTURA

Concerto da Banda Municipal de Música dedicado ao xénero da zarzuela

10/06/2015 A Banda Municipal de Santiago ofrecerá o seu habitual concerto dos xoves ás 20:00 horas na praza das Praterías. Desta vez, baixo a batuta do director adxunto Casiano Mouriño, a formación repasará algunhas das obras máis representativas do xénero da zarzuela.

Viva a zarzuela é o título deste concerto, no que os asistentes poderán gozar, entre outras, de obras como El barberillo de Lavapiés, de F. A. Barbieri; El huésped del sevillano, de J. Guerrero; La leyenda del beso, de Soutullo e Vert; ou Gigantes y cabezudos, de M. Fernández.

Nas festas do Castiñeiriño
A Banda Municipal tocará de novo este domingo, 14 de xuño, neste caso nas festas do barrio do Castiñeiriño. O concerto será ás 13:30 horas.

Compartir: