CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a inscrición para a viaxe ao Algarve incluída no programa "Imos de excursión"

09/06/2015 Continuando coa programación de viaxes organizadas dende os centros socioculturais para este ano 2015, este xoves 11 de xuño, a partir das 17:00 horas, ábrese o período de inscrición na excursión de varios días á zona sur de Portugal, visitando varias vilas do Algarve. As inscricións deberanse realizar presencialmente nos centros socioculturais.

A viaxe, incluída no programa Imos de excursión 2015, realizarase os días 16,17,18 e 19 de xullo e achegará os participantes á vila de Portimao, á cidade amurallada de Albufeira, á cidade histórica de Lagos e á vila de orixe romana Silves.

O prezo da viaxe e de 235 euros por persoa. Inclúe o autocar, estancia de tres noites en hotel , almorzo en restaurante en ruta á ida e á volta, pensión completa, visitas con guías acompañantes e seguro de asistencia na viaxe.

O percorrido comezará en dirección ao Algarve, con paradas en ruta e acomodación no hotel. O segundo día visitarase a Albufeira e Lagos, coñecendo os pintorescos cascos vellos e a zona amurallada medieval. Para a terceira xornada queda a visita a Silves, co seu castelo morisco e a súa catedral gótica, e Portimao. O último día, viaxe de volta a Santiago con paradas en ruta.

Documentos relacionados



Compartir: