EDUCACIÓN

A Concellería de Educación publica a listaxe definitiva de novos alumnos admitidos na Escola Municipal de Música

08/06/2015 A Concellería de Educación fixo publicou a listaxe definitiva de admitidos do novo alumnado na Escola Municipal de Música, unha vez finalizado o período de reclamacións á listaxe provisional.

Do 9 ao 22 de xuño (ambos os dous incluídos), os solicitantes que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2015-2016 deberán achegarse á Escola Municipal de Música, en horario de 11:00 a 14 horas e de 16:00 a 22:00 horas, para proceder á formalización da matrícula. Na Escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula.

No caso de que algún solicitante desista da praza obtida, poderá formalizar a renuncia na propia Escola, o que facilitará que outros solicitantes en lista de agarda poidan acceder ás prazas vacantes. Esta situación producirase a partir do día 23 de xuño cando comece o chamamento da listaxe de agarda, unha vez se comproben as prazas vacantes para este curso escolar 2015-2016.

Compartir: