XUNTA DE GOBERNO

Outorgadas dez axudas a empresas da cidade para reforzar a súa capacidade competitiva

05/06/2015 O Goberno local en funcións acordou a concesión de 10 subvencións a empresas privadas para o financiamento de bolsas para o acceso a persoal especializado como vía de mellora da competitividade, dentro da convocatoria do ano 2015, que conta cunha achega económica de 135.000 euros.

As axudas ratificadas pola Xunta de Goberno suman un total de 37.283,30 euros e van destinadas á contratación de 13 persoas con titulacións universitarias ou de FP. As empresas beneficiaras son as seguintes: Antaxurada, S.L. (2.400 €); Nieves Millán Guzmán (2.683,35 €); Mundo Juvenil, S.L. (3.066,65 €); J.L. Iglesias, S.C. (2.683,35 €); Penabad Villar Correduría de Seguros, S.L. (3.066,65 €); Mª Jesús Vázquez Roqueiro (3.066,65); Sonia García Gómez (3.066,65 €); Libredón Internacional, S.L. (3.066,65 €); Santiago Figueiras Ferreiro (2.683,35 €) e Vemo TV, S.L. (8.433,35 €).

Documentos relacionados



Compartir: