XUNTA DE GOBERNO

O Concello abre un procedemento negociado para adxudicar os Fogos do Apóstolo

05/06/2015 A Xunta de Goberno acordou deixar deserto o procedemento aberto convocado para a licitación do servizo de deseño, produción montaxe e realización dos espectáculos nocturnos do 24 e do 31 de xullo, dentro das Festas do Apóstolo 2015. Polo mesmo, abriu un procedemento negociado sen publicidade coas cinco empresas que se presentaran ao concurso aberto.

O rexeitamento das ofertas presentadas estivo motivado polo incumprimento das determinación establecidas nos pregos de aplicación: por exceder o volume máximo de folios da documentación achegada, por non ter asinada debidamente a documentación ou por incumprimento de aspectos recollidos no prego técnico.

Neste novo procedemento negociado sen publicidade solicitaráselle ofertas ás cinco empresas presentadas no procedemento aberto (Acciona Producciones y Diseño, S.A.; Pirotecnia Zaragozana; Focs d’Artifici Europa, S.L.; ASL Light Solutions, S.L.; e Pirotecnia Quiles, S.L.). O tipo de licitación mantense 217.800 euros.

Documentos relacionados



Compartir: