XUNTA DE GOBERNO

Convenios con 14 entidades culturais por importe de máis de 50.000 euros

05/06/2015 Deuse conta na Xunta de Goberno da sinatura de 14 convenios culturais por un importe total de 50.380 euros. Ademais, aprobouse o texto de colaboración cultural coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para financiar diversas actividades culturais, cunha asignación de 250.000 euros.

Os 14 convenios están destinados a financiar actividades das seguintes asociacións ou entidades: Casa da Troia, Música en Compostela, Asociación Cultural O Galo, Federación de Libreiros de Galicia, Asociación do Traxe Galego, Museo do Pobo Galego, Fundación Rosalía de Castro, Asociación Cultural e Folclórica Colexiata do Sar, Ateneo de Santiago, Real Sociedade Económica de Amigos do País, Asociación Cultural Francisco Asorey, Asociación Cultural Rocha Forte, Fundación Compostela Arquitectura e Confraría da Veracruz.

Financiamento de actividades musicais
Ademais, o Goberno local en funcións aprobou o texto de colaboración cultural coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización e financiamento de proxectos de dinamización e intervención artística, autorizando ao Auditorio de Galicia para executar e xestionar as actividades froito deste convenio, polo que recibirá o importe da subvención que lle transfira a Xunta de Galicia ao Concello por este motivo.

O convenio que ten unha asignación de 250.000 euros, continúa a liña establecida no ano 2014 e vai dirixido de forma prioritaria a apoiar os festivais de música que se celebran na cidade con maior vinculación co patrimonio arquitectónico e artístico, como son o Festival de Músicas Contemplativas, o Festival Via Stellae e o Ciclo de Lied.

Documentos relacionados



Compartir: