CULTURA

A Banda Municipal de Música ofrece un novo concerto na praza das Praterías

03/06/2015 A Banda Municipal de Santiago ofrece este xoves, ás 20:00 horas, na praza das Praterías, outro concerto do seu Ciclo de Verán, para deleite de turistas e do seu público compostelán máis fiel.

Esta semana, a agrupación dirixida por Juan Miguel Romero propón un programa que ten o ritmo como principal protagonista musical. A Banda fará un percorrido polos diferentes ritmos asociados aos tipos de baile, dende a rumba ata a salsa, pasando polo charleston, o bolero ou o tango.

Poderemos escoitar obras como Curtain Up! (Telón arriba), de A. Reed; Five minutes with Cole Porter (Cinco minutos con Cole Porter), de C. Porter; Tango Gardel, de C. Gardel; ou o Tico-Tico de Z. Abreu, entre outras.

Compartir: