TURISMO

O municipio coreano de Kyungbook toma como referencia o Camiño de Santiago para a creación dunha ruta cultural e relixiosa

02/06/2015 Un grupo de representantes do municipio de Kyungbook, en Corea do Sur, están visitando a cidade para coñecer o traballo de promoción da cidade de Turismo de Santiago e todo o relacionado co Camiño de Santiago. A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, recibiu a delegación coreana en Raxoi.

Neste municipio coreano posúen una montaña, Ji-ri san, de grande importancia natural e simbólica, en torno á cal pretenden crear unha ruta cultural e relixiosa. De aí que queiran coñecer o exemplo do Camiño de Santiago.

Compartir: