PATRIMONIO

Reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio

01/06/2015 Este luns celebrouse na sede da FEMP en Madrid a reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A reunión estivo presidida por Miguel Ángel García Nieto, alcalde de Ávila e presidente desta Comisión, e contou coa asistencia dos concelleiros de Patrimonio das cidades que integran a rede.

Nesta xuntanza, a última da presente lexislatura, informouse sobre o estado de los distintos proxectos en marcha nesta área de traballo do Grupo. Así, na primeira parte da reunión, repasáronse os programas que quedaron pechados, como a redacción do Libro Branco do Patrimonio Arqueolóxico e Histórico das Cidades do Grupo, que se presentou en maio en Tarragona; a Guía de Boas Prácticas de Turismo Accesible nas Cidades Patrimonio, presentada igualmente en Ávila; o Libro Branco da Mobilidade e o Tráfico nas Cidades Patrimonio, que está finalizado e á espera da súa presentación pública; a organización de seminarios formativos para bombeiros en Úbeda e Ibiza; a celebración en Toledo, o pasado mes de marzo dunhas xornadas sobre Seguridade en eventos culturais ao aire libre nos cascos históricos; e, por último, a organización a primeiros de maio, dunhas xornadas en Santiago de Compostela sobre Xestión de vectores ambientais nos cascos históricos das Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Control de aves e recollida de residuos.

Na segunda parte, o presidente da Comisión expuxo o estado no que se atopan os proxectos actualmente en marcha e cuxa finalización se prevé no mes de setembro: a elaboración de material pedagóxico sobre os valores patrimoniais das cidades do Grupo para uso de centros escolares e familias; o desenvolvemento de varias aplicacións que permitan gozar das cidades Patrimonio e da súa oferta turística ás persoas con algún tipo de discapacidade; e a redacción de dunha Guía Arqueolóxica das 15 cidades para uso en dispositivos móbiles.

Protección do patrimonio
A Comisión de Patrimonio e Cidade é a encargada de levar a cabo as actividades do Grupo que teñen relación co importante labor de conservación e protección dos valores dos conxuntos históricos que fixeron merecedoras a estas 15 cidades de estar incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Leva a cabo os seus proxectos nas áreas de Medio Ambiente, Seguridade, Mobilidade, Arqueoloxía e Urbanismo, co apoio e a colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 1993 e que ten como obxectivo actuar de maneira conxunta na defensa e na promoción do patrimonio cultural das 15 cidades que o compoñen, cuxos cascos históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Compartir: