CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros "Medrar en familia"

01/06/2015 Un ano máis, os obradoiros Medrar en familia irrompen na programación de Vive o verán para darlle aos máis pequenos a oportunidade de gozar cos seus pais e nais dun momento diferente e especial. Este ano, o programa xira en torno a catro eixes fundamentais: a lectura, as sensacións, a psicomotricidade e a relaxación, que conflúen para dar lugar a catro obradoiros diferentes que se desenvolveran en diferentes centros socioculturais da cidade.

Cada obradoiro repetirase para dar a opción aos pais de asistir tanto de mañá como de tarde e, este ano, como novidade, as familias que estean de vacacións fóra da cidade durante o mes de xullo terán a opción de participar en setembro.

O período de inscrición permanecerá aberto ata que se esgoten as prazas en todas as quendas.

Documentos relacionados



Compartir: