Mércores 25 de abril 2018

Axenda

"De como non casar. How not to get married", instalación de Olalla Castro e Nicoleta Moise

Itinerario gráfico, audiovisual e performativo con reinterpretación de supersticións, rituais e tradicións de Galicia e Compostela.

Do mércores 21 de marzo ao domingo 20 de maio, na Zona C.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Santiago, pintado", ilustracións de Isabel Rey

Santiago, pintado, mostra de 15 ilustracións de Isabel Rey que amosan os recunchos de Compostela.

Do 15 de marzo ao 30 de abril, no Pazo de Fonseca.

Axenda

XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura

Obradoiros de escrita creativa e de ilustración, contacontos e moito máis para fomentar a lectura entre os máis novos e novas.

Do 3 de abril ao 5 de maio, na Galería Sargadelos.

Axenda

"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido

A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.

Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.

Axenda

A Banda Municipal nas festas de San Marcos

A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece un concerto no que achega a música a toda a veciñanza e visitantes baixo a dirección de Casiano Mouriño.

O mércores 25 de abril, ás 12:00 horas, na capela de San Marcos (Monte do Gozo).

Axenda

XIX Mostra de Teatro Universitario

Nova edición desta mostra das obras dos grupos teatrais universitarios de toda Galicia.

Do 24 de abril ao 6 de maio, no Teatro Principal e no Salón Teatro.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: