Martes 7 de xaneiro 2020
Axenda
"A cidade, o Camiño e nós", nos centros socioculturais
Mostra sobre a identidade da cidadanía de Santiago de Compostela e a xente que a visita.
Novembro, decembro e xaneiro, en varios centros socioculturais.
Axenda
"Homenaxe a Amparo. Retratos de compañeiros no exilio e outros", exposición na Fundación Granell
Exposición de retratos realizados polo artista surrealista Eugenio Granell. O pintor, autodidacta, mostra que non só triunfou no surrealismo senón que, igualmente, tiña un ollo incríble á hora de retratar a Amparo, a súa musa, así como a varios dos seus amigos do exilio.
Ata o 7 de xaneiro, na Fundación Eugenio Granell.
Axenda
"O Camiño Francés en 360º", mostra no Museo das Peregrinacións e de Santiago
Fotografías de Goyo González que amosan o Camiño dende un novo punto de vista.
Ata o 16 de febreiro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago